Se non podes ver ben este correo fai clic aquí 

 

Mañá venres preséntase en Santiago o libro 'Mirás: xornalismo gaiteiro'

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá mañá, venres 12 de decembro, ás 11:00 horas, a presentación do libro Mirás: Xornalismo gaiteiro. Este volume, elaborado polo Colexio de Xornalistas coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade, recolle algúns dos mellores textos de Nacho Mirás Fole e serve de homenaxe a este destacado xornalista e profesor, falecido hai agora unha década. 

 

Ao facerse os dez anos do pasamento de Nacho Mirás Fole, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), presentan o libro Mirás: Xornalismo gaiteiro, unha homenaxe ao oficio deste destacado xornalista, colexiado do CPXG e profesor universitario. O volume compila en case duascentas páxinas algúns dos textos máis memorábeis de Mirás, desde reportaxes ou entrevistas até entradas do seu coñecido blog rabudo.com. O libro inclúe, igualmente, varios artigos de xornalistas amigas e amigos que lembran vivencias con Mirás, así como unha serie de imaxes de fotógrafos que o retrataron ao longo dos anos. 

 

A presentación do volume terá lugar ás 11:00 horas do venres 12 de decembro na Aula de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago (Avenida de Castelao, s/n). No acto van intervir Belén Regueira Leal, decana do Colexio de Xornalistas; Ana Isabel Rodríguez Vázquez, decana da Facultade; Ignacio Carballo, delegado de La Voz de Galicia en Santiago; e Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña, ademais dalgúns familiares, compañeiros e compañeiras e amigas e amigos de Mirás: Darío Janeiro, Xosé López García, Tamara Montero, Fernando Varela Bibián e Ainhoa Apestegui. Todos eles e elas van contribuír a recordar a un profesional que se distingue xa, coa distancia do tempo, como un dos grandes da crónica xornalística galega.

 

O Colexio de Xornalistas mantén viva a figura de Mirás coa Bolsa Nacho Mirás para xornalistas nóveis, que este ano chegou á súa décima edición, e que gañaron Paula Pérez Cantelar, Xoel Rodríguez Poy e Iria Ramos Mesía con Trescentostrece, un proxecto divulgativo sobre os concellos de Galicia. A bolsa conta co patrocinio ininterrompido de Abanca desde os seus inicios. Pola súa parte, na facultade de Ciencias da Comunicación existe a aula Nacho Mirás como recordo permanente do que tamén foi profesor deste centro.

 
 

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Rúa Ponferrada, 9, baixo
15707 Santiago de Compostela
Tel.981 935 670
xornalistas@xornalistas.gal

Facebook LinkedInTwitterYouTubeInstagram Telegram

Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao/á seu/súa destinatario/a e pode conter información privilexiada ou confidencial. Si non é Vd. o/a destinatario/a indicado/a, queda notificado/a de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente. Os seus datos serán tratados segundo a seguinte política de privacidade.

 

Este mensaje se dirige exclusivamente a su destinatario/a y puede contener información privilegiada o confidencial. Si no es Ud. el/la destinatario/a indicado/a, queda notificado/a de que la utilización, divulgación y/o copia sin autorización está prohibida en virtud de la legislación vigente. Sus datos serán tratados según la siguiente política de privacidad.

Esta é unha comunicación oficial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, dirixida a ti por seres colexiada/o. Pregámosche que nos gardes na axenda de contactos para asegurar a recepción da información do Colexio. Con todo, se o desexas, podes darte de baixa ou modificar os teus datos