Se non podes ver ben este boletín fai clic aquí |
|
|
'Quen son elas?', un programa de radio centrado no deporte minoritario e feminino, é o proxecto gañador da VIII Bolsa Nacho Mirás |
O xurado da oitava edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, decidiu premiar o proxecto Quen son elas?, de Cinthia Piñeiro Acevedo, un programa radiofónico que pretende abrir un espazo de difusión ao deporte galego de disciplinas pouco coñecidas, así como ao papel da muller no deporte.
|
|
|
Temor na profesión ante unha Lei Europea de Medios que podería abrir a porta á espionaxe de xornalistas |
A Lei Europea de Liberdade de Medios atópase na súa fase final e espérase que chegue ao Parlamento Europeo a primeiros de outubro. Mais as últimas modificacións no articulado introducen excepcións á prohibición da espionaxe a profesionais da comunicación, o que provocou protestas no seo da profesión. Fronte á súa probábel aprobación, hoxe facíase pública unha carta, aberta á recollida de máis sinaturas, na que 200 xornalistas esixen aos parlamentarios a eliminación destas excepcións.
|
|
|
'Focus group' sobre migración e medios de comunicación |
Mércores 20 de setembro ás 11:00 horas |
A ONG Diversidades Acolle convoca a todos os e as xornalistas de Galicia a participar nun focus group sobre migración e medios de comunicación, que terá lugar o vindeiro mércores 20 de setembro ás 11:00 horas, de maneira online. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Inmigracionalismo, que coordina a ONG Red Acoge. |
|
Gala 90 Aniversario de Radio Galicia ‘Todo por diante’ |
Mércores 20 de setembro das 20:30 ás 22:00 horas |
A Radio Galicia Cadena Ser organiza, con motivo do seu 90 aniversario a gala ‘Todo por diante’, que terá lugar o vindeiro mércores 20 de setembro a partir das 20:30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, nº 21). Unha hora e media de puro entretemento como homenaxe a todo o que fixo a emisora, pero que tamén mostrará os desafíos do futuro. |
|
|
IV Premio de Xornalismo David Gistau |
Recepción de candidaturas ata o 4 de outubro de 2023 |
Unidad Editorial e Vocento convocan a cuarta edición do Premio de Xornalismo David Gistau en homenaxe ao xornalista, columnista e escritor David Gistau, falecido aos 49 anos. O galardón quere pór en valor o "xornalismo de calidade e independente, encarnado por Gistau”. |
|
Premio Anagrama de Crónica/Fundación Giangiacomo Feltrinelli |
Recepción de candidaturas ata o 30 de setembro de 2023 |
A Editorial Anagrama promove un ano máis o Premio Anagrama de Crónica/Fundación Giangiacomo Feltrinelli, ao que poden concorrer xornalistas e escritores do ámbito iberoamericano que presenten un libro inédito de crónica en lingua española. |
|
|
Avances na perspectiva de xénero nos medios de comunicación |
Artigo de Sonia Parratt Fernández, Montse Mera Fernández e Belén Cáceres Garrido |
Tres investigadoras da Universidade Complutense de Madrid levaron a cabo un estudo que traza, por primeira vez, un mapa das iniciativas adoptadas pola prensa española para incorporar a perspectiva de xénero ás súas redaccións. Para iso, examinan os libros de estilo e outras iniciativas destinadas a orientar sobre a introdución da dimensión de xénero, e entrevistan a catro responsables da devandita incorporación. Os resultados mostran unha presenza considerable, aínda que tamén dispar, de iniciativas.
|
|
|
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Rúa Ponferrada, 9, baixo 15707 Santiago de Compostela Tel.981 935 670 xornalistas@xornalistas.gal |
|
|
CC-BY Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
F5 é unha publicación semanal, elaborada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), que recompila titulares de noticias de comunicación publicadas por medios dixitais e informacións propias de carácter corporativo ou profesional. O Boletín non sei fai responsable da veracidade das informacións non propias que se referencian nin das opinións que nelas se expresen.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao/á seu/súa destinatario/a e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non é Vd. o/a destinatario/a indicado/a, queda notificado/a de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente. PROTECCIÓN DE DATOS: Informámolo/a de que os datos persoais que vostede nos facilita de forma voluntaria a través dos nosos medios de recollida de información serán incorporados aos nosos tratamentos automatizados e/ou manuais cuxa finalidade é: proceder ao envío por correo electrónico de información relativa a actos e eventos de interese así como sobre produtos e servizos por parte de COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA, sen prexuízo do exercicio dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación e portabilidade ao tratamento dos seus datos persoais mediante escrito (sempre acreditando a súa identidade) dirixido a COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA na Rúa Ponferrada, 9, Baixo, 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a xornalistas.dpo@convenceabogados.es.
|
|
|
|